divendres, 26 de març del 2010

Sorriso Solidario

Moitos anos atrás, nunha pequecha aldea de Galicia viviu unha rapaza chamada Paula. Tiña preto de 13 anos e vivía cos seus pais, María e Pedro, e co seu irmán maior, David. A casa era moi grande, era un enorme e fermoso pazo onde non faltaba de nada. Os pais ricos dende sempre, con moito diñeiro, montaron unha empresa que tivo moito éxito. Os dous irmáns ían a escolas de pago. Todo estaba indo ben, Paula era aplicada nos estudos e sacaba moi boas notas. A rapaza era moi educada e tiña un corazón enorme, sempre quixo axudar a xente, pero dos seus pais recibía a mensaxe de que lle faltaba un chisco de egoísmo, que dedicaba a súa enerxía para axudar aos máis pobres en detrimento dela mesma. Ela non estaba de acordo, pero calaba.

Os anos ían pasando e Paula, con 17 anos, estaba a punto de entrar na Universidade, os seus pais querían que fose unha gran empresaria para seguir gañando moito diñeiro. A Paula non lle gustaba nada esa idea, ela sempre soñaba con viaxar a África e ser traballadora social, quería axudar aos nenos e ás nenas pobres. Mais ela non era quen de contarlle aos seus pais cal era o seu soño por medo a ser rexeitada. Comezaba a asumir que o que ela máis desexaba, axudar aos pobres de África, era só un soño. Para darlle gusto aos seus país comezaba a imaxinar o seu futuro como unha gran empresaria e aceptaba resignada o seu destino para que os seus proxenitores non se sentisen mal pola súa culpa.

Pero unha mañá gris e escura de decembro todo cambiou. Era o comezou dun terrible día. Paula ergueu do leito cunha forte dor de cabeza e ao chegar ao instituto o profesor púxolles unha exame sorpresa. Por riba chovía a cántaros e ela esqueceu o paraugas na casa. Agardando debaixo dun portal a que a choiva acougase atopou un rapaz que lle ofreceu o seu paraugas. Paula vermella coma un tomate, preguntoulle como se chamaba e el díxolle que o seu nome era Hugo. Os dous tiñan poucas ganas de ir para a casa así que decidiron entrar nunha cantina a tomar algo quentiño mentres mantiñan una longa e profunda conversa. A causa de que Hugo non quixera volver para a súa casa debíase a que mantivera unha forte discusión cos seus pais sobre o seu futuro e o decatarse que non o entendían saíu pechando a porta dun golpe que a fixo tremer dabondo. O que Hugo desexaba era chegar a ser un gran cociñeiro, e para iso quería viaxar polo mundo para coñecer os produtos dos países máis exóticos que servirían para cociñar pratos exquisitos para que, ao tempo que os seus futuros clientes se enchían de gozo cos seus pratos, os beneficios obtidos servisen para axudar a mellorar a precaria economía da súa familia. A conversa cos seus pais so serviu para tirar polo chan as súas ilusións, eles so desexaban que o fillo seguise traballando no taller mecánico que rexentaba o seu pai e que a duras penas daba para vivir sen apuros a familia. A súa negativa desmontou os seus soños e comezou a pensar que chegar a ser un chef era unha idea sen senso que el non se podía permitir xa que nin tiña cartos para facer cursos de cociña nin para entrar en restaurantes de calidade. De feito nin sequera se podía permitir entrar nun restaurante para comer o menú do día.

Mentres Paula escoitaba a historia, non sabía que facer nin que dicir, mentres lle pasaban milleiros de cousas pola cabeza. Estaba sentada diante dun rapaz que acababa de coñecer e malia as moitas cousas que os separaban- el era mais ben pobre e ela era filla dunha familia moi rica, ela estaba estudando na mellor escola da cidade, e el en troques non tiña cartos nin para mercar un libro de receitas de cociña e estaba obrigado a traballar no taller familiar para que a súa familia puidese ter un bocado de pan para levar á boca- tiñan unha cousa moi importante en común, os dous tiñan un soño que non podían facer realidade pola oposición dos pais ou por falta de cartos.
Entón Paula vendo os ollos vermellos de Hugo, mollados e a punto de comezar a esvararlle as bágoas polas meixelas, treméndolle a barbela comezou a rir cunha risa histérica diante da mirada confundida de Hugo ata que el canso da súa tristura comezou a rir coa a risa contaxiosa de Paula.

Despois de un bo anaco de risas Paula contoulle que a ela lle pasaba algo semellante, o seu soño desde a infancia foi sempre axudar á xente pobre, en realidade, ela quería estudar para ser asistente social, pero nunca se atreveu a dicirllo aos seus pais, porque pensaba que nunca ían permitir facer realidade os seus soños. Os seus pais eran moi egoístas, sobrábanlle os cartos, aínda que nunca foron quen de doar unha pequena cantidade para axudar ás persoas máis necesitadas, queríano todo para eles e iso é o que sempre quixeron ensinar aos seus fillos, pero Paula non o aceptaba, aínda que lle faltaban forzas para expresar o que sentía.

De súpeto os dous rapaces sen saber ben que facer colleron as súas bebidas ben quentiñas e fixeron un “brindis” por un soño afín que ambos os dous pensaban que endexamais se ía facer realidade .

Os meses ían pasando, Hugo e Paula cada día estaban máis unidos. Eran algo más que bos amigos. Ela seguía estudando na Facultade de Empresariais e el axudando no taller mecánico do seu pai. Aínda así non pasaban un so día sen verse. Despois duns anos de intensa amizade, ela tiña unha carreira laboral de éxito, pero o seu soño seguía golpeando na súa testa: quería axudar á xente pobre e de súpeto pensou que podía axudar ao seu amigo Hugo, que no seu tempo libre ía facendo cursos gratuítos do Concello para poder aprender a cociñar, aínda que sen moito tempo para poder probar o seu talento. Paula vendo que Hugo seguía tan animado, decidiu pagarlle un bo curso de cociña nunha das mellores escolas de Francia, por suposto sen o coñecemento de seus pais.

Non ben Hugo rematou de estudar no país veciño, comezou a traballar nos mellores restaurantes de Francia e gañou diñeiro dabondo, o que lle permitía enviar cartos á súa familia cada mes. Nunca perdeu o contacto con Paula que estaba moi orgullosa e feliz coa sorte do seu amigo. Hugo converteuse nun gran chef e sentía que todo era froito da gran xenerosidade da súa amiga Paula, así que decidiu darlle as grazas cun agasallo que fixera realidade os soños agochados dende a máis tenra infancia. Mercou dos billetes de avión para voar a África, onde ela sempre quixo viaxar para axudar aos nenos máis pobres de Etiopía. Grazas a este agasallo tan marabilloso que lle fixo o seu amigo Hugo, Paula tivo por fin a oportunidade de coñecer in situ aquel país e aos dez días de percorrido serviron para atopar forzas para regresar a Galicia e enfrontarse aos seus país para dicirlles que se ía mudar a Etiopía por unha longa tempada xunto con Hugo. Os seus pais puxéronse como dúas feras, pero ela era maior de idade, e aínda que non tivo a comprensión dos pais, xa que de tan enfadados ata lle retiraron a fala, ela decidiu marchar coa única finalidade de axudar a xente necesitada.

Ao chegar ao país africano, a adaptación non foi fácil, a xente ao principio non os miraba ben e desconfiaba deles, pero Paula coas súas habilidades para os negocios montou unha pequena empresa que pouco a pouco serviu para mellorar as condicións dos nados, tamén conseguiu contactar con empresas solidarias de varios países, con canles de televisión que fixeron maratóns para conseguir, en colaboración con todas as persoas dispostas a axudar, montar unha das fundacións máis importantes de hoxe en día para crear hospitais, escolas… Hugo tamén participou, xunto con centos de cociñeiros, camareiros, chefs… que coñeceu en Francia e conseguiu facer un gran salón onde había comida de balde, e aínda hoxe segue doando alimentos e auga ás persoas pobres.

Paula era moi feliz, casou con Hugo e tiveron catro fillos encantadores e agora seguen a traballar de voluntarios na fundación que fundou súa nai. O seu gran corazón e xenerosidade salvou moitas vidas, e concienciou a moita xente para que puxera o seu pequeno grao de area convencida de que calquera axuda por pequena que sexa leva alegría a moita xente e finalmente logrou a comprensión e a aceptación de seus pais e ao final eles mesmos se converteron en avós de moitos nenos e nenas africanos.

Paula non puido levantar da pobreza o continente africano, pero axudou a moitas familias que o precisaban.

Agora Paula e mais Hugo teñen ao redor de 60 anos e son moi felices, porque grazas a axuda que se prestaron un ao outro, cadaquén puido realizar un soño que parecía imposible e o máis importante conseguiron o meirande sorriso solidario.

Ariadna Pardo (IES Sant Just Desvern, Barcelona)

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada